- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Descende o paro en Melide e na Comarca no pasado mes de agosto
05/09/2019. O paro volve a descender en Melide e na Comarca no pasado mes de agosto. A Comarca conta cun total de 483 desempregados e a vila de Melide con 324. O paro descende en Melide no pasado mes de agosto nun total de 20 persoas
MELIDE 5 de setembro de 2019.- Volve a descender o paro en Melide e na nosa Comarca no mes de agosto. No total da Comarca son 19 persoas menos ás que xa non están no paro. Por Concellos, Melide lidera a caída do paro con 20 persoas menos desempregados no mes de agosto e conta cun total de desempregados de 324. En Santiso o paro descende en dúas persoas, en Sobrado dos Monxes sobe en tres persoas e nas estatísticas de Toques, o paro nin sube nin baixa, atópase en 42 persoas, como no mes anterior. Así, no conxunto total da Comarca o número de desempregados é 483, 19 persoas menos que no mes de xullo.
No conxunto galego, Galicia é a segunda Comunidade na que máis baixou o paro. Así, rexistrou no mes de agosto unha baixada do paro do -6,45% fronte ao -3,65% do Estado.
En Galicia, hai 10.604 desempregados menos que hai un ano, polo que o número de parados sitúa á Comunidade en niveis moi inferiores aos de hai unha década e próximos aos de antes do inicio da crise. O paro, polo tanto, continúa caendo 6 anos de xeito consecutivo no mes de agosto.