Novas

Máis novas

O Concello de Melide rehabilita espazos comúns veciñais nas parroquias, adecentando fontes e lavadoiros

08/11/2017. Os traballos estanse levando a cabo entre a brigada de Obras e a brigada Medioambiental do Concello de Melide. Nestes días estanse a realizar traballos correspondentes nos lavadoiros de A Garea e Cazallas

O Concello de Melide realiza labores de rehabilitación e mellora de diferentes espazos comúns nas parroquias do rural do municipio. Lugares como os lavadoiros ou as fontes están sendo adecentados, xa que se trata de espazos común que é necesario periódicamente pequenas accións por parte do goberno municipal para que poidan ser utilizados polos veciños e veciñas en boas condicións.

A brigada de Obras e a brigada Medioambiental do Concello de Melide é a encargada de realizar estes traballos  que estes días están sendo realizados no lavadoiro veciñal de A Garea ou en Cazallas, así como tamén a limpeza de fontes en San Cibrao, Moldes de Abaixo e Furelos. Os traballos de mellora tamén teñen lugar nos lugares comúns de encontro dos veciños e veciñas das parroquias.

Dalia García, rexedora melidense apunta  a que “son melloras moi necesarias para garantir as boas condicións dos espazos comúns nas parroquias da nosa vila,  traballos de acondicionamento de lugares de encontro nas parroquias, fontes e lavadoiros”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp