Novas

Máis novas

Máis de 6.000 persoas visitan a oficina de turismo de Melide en agosto

03/09/2019. A oficina de turismo do Concello de Melide situada na parroquia de Furelos, vén de recibir este mes un total de 6.468 visitantes na súa chegada á vila para coñecer máis da nosa gastronomía, a nosa cultura e o noso patrimonio

MELIDE 3 de setembro de 2019.- Os técnicos de Turismo do Concello de Melide veñen de facer balance dos datos que deixa o mes de agosto en canto a visitas se refire.  As cifras son as seguintes: 6.468 persoas foron as que se achegaron á oficina de Turismo, situada na parroquia de Furelos no mes que vén de rematar.

Ata 31 de agosto, visitaron esta oficina un total de 6.468 persoas das cales 4.557 persoas foron de españolas, 1.214 procedentes de diferentes países de Europa e 697 outros países do mundo.

Pasaron pola oficina unha media de 209 persoas ao día aproximadamente, a gran maioría procedentes de España: uns 147 españois de media ao día. Estes, en gran parte proceden de Andalucía, Comunidade Valenciana e Murcia, tamén destacan os que veñen dende Cataluña, Comunidade de Madrid e Extremadura.

En canto a europeos, a media é dunhas 39 persoas ó día. Sobresaen os visitantes italianos. Do resto do mundo a media é de 22 persoas diarias. A súa maioría son estadounidenses, suramericanos e coreanos.

PRETO DE 12.000 VISITAS DENDE O 1 DE XULLO

Tal e como se desprende do informe de agosto dos técnicos de turismo melidenses, a oficina de turismo en Furelos atendeu a un total de 11.996 persoas dende que abriu as súas portas o 1 de xullo ata o 31 de agosto.  Destes, 8.199 (68%), proceden de diferentes lugares de España, destacando os que se achegan de Andalucía, seguidos por valencianos, murcianos, madrileños e cataláns.  En canto ós estranxeiros que proceden de países europeos, 2.189 (18%), sobresaen os italianos seguidos a moita distancia por alemáns e franceses.

Aqueles que veñen de outras partes do mundo, 1.608 (14%), achéganse de América, sobre todo estadounidenses e mexicanos, seguidos, a moita distancia, por visitantes dos países latinoamericanos. En Asia, Galicia ten éxito entre os coreanos do sur, aínda que tamén se acerca algún chinés e taiwanés. O continente que menos nos visita é sen lugar a dúbida África, aínda que este ano viñeron varios surafricanos. 

INCREMENTO EN 1.700 PERSOAS CON RESPETO AO MESMO PERÍODO EN 2018

En comparación ao mesmo período do ano anterior, vemos un crecemento moderado do número de visitantes, 1.737 persoas máis, cun incremento dun 16,93%. Pasouse de 10.259 no 2018 a 11.996 visitantes no 2019.   O número de españois medrou un 11,43% con respecto o ano anterior, pasouse de 7.358 no 2018 a 8.199 no 2019. O número de europeos medrou un 15,64% con respecto o ano anterior, pasouse de 1.893 no 2018 a 2.189 no 2019. O número de non europeos medrou un 59,52% con respecto o ano anterior, pasouse de 1.008 no 2018 a 1.608 no 2019.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp