Novas

Máis novas

O Concello abre o prazo de matrícula para o novo curso do conservatorio

03/09/2019. Como é habitual o Concello dende a súa Concellería de Educación, abre o prazo para realizar a matrícula para o curso 2019/2020 no conservatorio municipal. Estará aberto ata o 13 de setembro tanto en horario de mañá coma de tarde

MELIDE 3 de setembro de 2019.- O Concello de Melide, como vén sendo habitual por estas datas, dende a súa Concellería de Educación, abre o prazo para realizar a matrícula dentro das ensinanzas musicais do conservatorio municipal.

Dende onte luns e ata o día 13 de setembro, as persoas interesadas en realizar a inscrición en calquera das ensinanzas musicais do conservatorio municipal, poder realizar a súa matrícula no edificio multiusos en horario de mañá e de tarde, dende ás 9h e ata as 14h e de 16h a 19h.

MÁIS DE 20 ESPECIALIDADES MUSICAIS

O Conservatorio Profesional de Música de Melide ofrecerá formación en diferentes disciplinas musicais, no apartado de corta, impartirase violín, viola, violonchelo e contrabaixo. En canto ao vento madeira: frauta, clarinete, saxo e oboe. En vento metal: trompeta, trompa, tuba e trombón. Tamén no amplo abano de posibilidades de formación musical no conservatorio melidense atópase o solfexo, percusión, piano, armonía, guitarra, gaita, canto e acordeón.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp