Novas

Máis novas

Peche das instalacións da piscina pola obriga de ter que proceder a unha nova adxudicación

26/08/2019. O peche está motivado porque o anterior goberno deixou vencer dúas veces o prazo para adxudicar a xestión da instalación. O goberno traballa para poder recuperar o servizo o antes posible para poder gozar de ocio saudable na vila

MELIDE 26 de agosto 2019. Despois de que os servizos municipais de Secretaría e Intervención, emitisen un informe concluinte, de que non se podía continuar prorrogando o servizo e cumprindo coa legalidade, só cabía unha decisión: Pechar temporalmente as instalacións da piscina climatizada e do ximnasio.

O peche está motivado porque o anterior goberno municipal, deixou pasar o prazo para unha nova adxudicación por dúas veces. Unha, ata o 3 de setembro 2018, data do fin do contrato de catro anos de duración, e outra, o ano actual de ampliación do servizo, acordado co fin de proceder a unha nova adxudicación que non se fixo.

RECUPERACIÓN DO SERVIZO

O tenente de Alcalde e concelleiro de Deportes, Jose Prado, informou que o Goberno actual leva días traballando para recuperar o servizo o antes posible, e deseñando un novo modelo de xestión que faga esquecer os numerosos problemas que os  usuarios e usuarias levan sufrindo nos últimos anos.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp