Novas

Máis novas

O Clube Ciclista Melidense celebra unha nova edición do día da bicicleta

14/08/2019. O Clube Ciclista de Melide prepara para mañá xoves 15 e agosto unha nova edición do día da bicicleta que cada ano que pasa conta con máis éxito na nosa vila. As inscricións realizaranse o mesmo día no cantón de San Roque

MELIDE 14 de agosto de 2019.- O Clube Ciclista Melidense organiza un ano máis, coincidindo co 15 de agosto, o día da bicicleta.

A apertura de inscricións realizarase dende as 9h da mañá no Cantón de San Roque de Melide para comezar o percorrido ás 10.30h. O tramo terá unha distancia de dez quilómetros aproximadamente e terá baixa dificultade. Tal e como apunta o presidente do Clube Ciclista Melidense, Victor Manuel Fernández “é un percorrido moi sinxelo e apto para todos os membros da familia, xa que non é unha carreira competitiva, nós preferimos chamalo un paseo familiar no que cada persoa pode adaptar o nivel a súa condición física”.

O percorrido será circular con saída e chegada ao Cantón de San Roque. Unha vez rematado,  a organización entregará unha camiseta a cada participante e agasallos para todos os nenos. Tamén se sorteará unha bicicleta entre todos os asistentes.

O día da Bicicleta ten data fixada no calendario melidense todos os 15 de agosto, coincidindo co comezo das grandes Festas do San Roque da vila. Trátase dunha actividade organizada polo Clube Ciclista Melidense e coa que colabora o Concello de Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp