Novas

Máis novas

Aprobada a axuda de 300 euros por fillo ou filla empadroado na vila

14/08/2019. A XGL vén de aprobar esta medida para axudar ás familias que tiveran fillos ou fillas a finais de 2018 ou que os teñan ata 31 de outubro de 2019. A medida posta en marcha polo goberno local pretender frear o despoboamento

MELIDE 14 de agosto de 2019.-  A Xunta de Goberno Local do Concello de Melide aprobou durante unha axuda de 300 euros para beneficiar as familias que dende o 30 de outubro de 2018 e ata o vindeiro 31 de outubro de 2019, tiveran ou vaian ter fillos ou fillas e os empadronen na vila. Trátase dunha medida que se pon en marcha por terceiro ano consecutivo e que pretende servir de axuda para os veciños e veciñas que deciden ampliar a súa familiar e afincarse en Melide.

Esta liña pretender ser unha medida máis para afincar a poboación, ademais de ser unha axuda de 300 euros para neno/a melidense que cumpra con todos os requisitos da orde de regulamento que xa pode consultarse na páxina web do Concello de Melide ou nas dependencias muinicipais. O prazo para presentar solicitudes rematará o 15 de novembro.  

REQUISITOS PARA OBTER A AXUDA

A partida orzamentaria para facer fronte a esta liña de axudas será de 15.000 euros terá capacidade para xestionar todos os expedientes ata que se esgote o orzamento ao efecto. Será Servizos Sociais xunto cos propios interesados os encargados de xestionar esta axuda que terá que cumprir estrictamente co regulamentado: as familias que teñan ou adopten fillos/as no período comprendido entre o 30 de outubro de 2018 e o 31 de outubro de 2019, terán que estar empadroados en Melide xunto cun dos seus proxenitores que a súa vez deben estar rexistrados na vila cunha anterioridade mínima de 6 meses.

Ao recibir á axuda, o particular estará obrigado a permanecer empadroado xunto co menor nun período de 4 anos. Con esta medida de impulso á natalidade, Melide achega o seu grao de área para loitar contra o reto demográfico da Comunidade Autonóma Galega.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp