- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello solicita reforzo do persoal sanitario no centro de saúde de Melide
08/08/2019. Melide vén de solicitar á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago o reforzo de persoal médico e enfermeiro para o Punto de Atención Continuado (PAC) da vila, nun mes, agosto, no que a poboación da vila chega a triplicarse
MELIDE 8 de agosto de 2019.- Coa chegada do mes de agosto Melide chega a triplicar a súa poboación e se a iso se lle engade o encontro de Camiños cara Compostela, once noites de festa para celebrar o San Roque e as vacacións dos sanitarios, os recursos cos que conta o actual centro de saúde para veciños e visitantes, son escasos.
Por esta razón, dende a Concellería de Política Social, Mocidade e Saúde do Concello de Melide, que actualmente dirixe Carmen Liñeira, veñen de solicitar á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago a ampliación e reforzo do persoal médico e enfermeiro preciso para cubrir todas as necesidades que presenta neste mes de agosto o PAC da vila.
Actualmente o centro de saúde de Melide conta cuns 7025 cartóns sanitarios e os últimos datos publicados apuntan a que o PAC melidense chega a atender unha media de 9600 pacientes como cabeceira de Comarca que dá servizo sanitario tamén aos veciños e veciñas de Santiso e Toques.