- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Alex Ubago e Juan Magán, cabeza do cartel do San Roque 2019
05/08/2019. As festas do San Roque celebraranse este ano en Melide dende o 14 de agosto e ata o 24. Serán 11 noites que reunirán as mellores orquestras de Galicia acompañadas de actuacións como a do coñecido Alex Ubago ou a do dj Juan Magán
MELIDE 5 de agosto de 2019.- A Comisión de Festas do San Roque de Melide fixo público a través das súas redes sociais hai uns días o cartel das Festas do San Roque 2019.
As festas grandes de Melide comezarán o 14 de agosto coa orquestra El Combo Dominicano. Será o día de Santa María, o 15 de agosto, cando sexa o turno da orquestra de Cámara de Galicia, xunto con Duomore e Juan Magán. Continuando coa tradición, tamén ese xoves 15, está organizado o día da bicicleta, onde o Clube Ciclista Melidense, pon ten fixado no calendario a súa marcha ciclista.
O propio día da Festa, o día 16 de Agosto, día de San Roque, a música correrá a cargo da Coral Polifónica de Melide, a Banda de Música de Agolada, Herba Grileira e da orquestra Gran Parada.
O sábado chegará a Melide Alex Ubago, a orquestra Ceniza e a banda de música de Arzúa. O domingo 18 de agosto a quenda será para a banda de música de Visantoña, Froito Novo, a Charanga Leña Verde e a orquestra Triunfo. Ese domingo celebrarase o día do Río.
O luns 19 de agosto a cita será coa orquestra Panorama, o martes con Palladium e o grupo Bomba, e o mércores coa París de Noia. A Olympus chegará a Melide nas festas do San Roque o xoves e o venres 23 a música correrá a cargo de Los Satélites e Marbella. O último día, o sábado 24 de agosto celebrarase o día do Neno con entrada libre a todas as atraccións no cantón de san Roque, coa charanga leña verde e a actuación de Leirabuxo.