Novas

Máis novas

Descenso do paro en Melide e Comarca no mes de xullo

02/08/2019. O paro volve a descender en Melide e na Comarca no pasado mes de xullo. A Comarca conta cun total de 502 desempregados e a vila de Melide con 344. O paro descende en Melide no pasado mes de xullo o nun total de 13 persoas

MELIDE 2 de agosto de 2019.- Volve  descender o paro en Melide e na nosa Comarca no pasado mes de xullo. No total da Comarca son 19 persoas menos ás que xa non están no paro. Por Concellos, Melide lidera a caída do paro con 13 persoas menos desempregadas no mes de xullo e conta cun total de desempregados de 344. En Santiso o paro mantense, en Sobrado dos Monxes descende en 1 persoa e en Toques, tamén decrece en cinco desempregados menos. Así, no conxunto total da Comarca o número de desempregados é 502,  un total de 19 persoas menos que no mes anterior.

A Comunidade galega pechou o mes de xullo con 150.921 parados. A Comunidade galega é a segunda na que máis baixa o paro en termos absolutos, superando en 2,65 puntos á media de caída en España. Galicia reduciu o desemprego con respecto a xuño nun -2,79% (-4.328).




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp