- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Clausura do obradoiro de emprego que formou a 20 alumnos e alumnas
31/07/2019. O alcalde, José Manuel Pérez, acompañado de parte do seu equipo de goberno estivo no acto de clausura do obradoiro de emprego que formou a 20 alumnos e alumnas nos últimos nove meses en diferentes labores de mantemento dos xardíns
MELIDE 31 de xullo de 2019.- Un total de 20 alumnas e alumnos formáronse nos últimos nove meses en Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinería e en Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes, grazas a un obradoiro de emprego que contou cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 317.000 euros. Os alumnos comezaron a formación teórica e práctica o pasado mes de outubro e concluíron esta mesma semana.
O obradoiro Natureza no Camiño de Santiago, foi financiado pola Xunta de Galicia e contou coa colaboración do Concello de Melide e Boimorto.
O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, asistiu ao acto de clausura acompañado polo seu tenente de alcalde, José Antonio Prado e o concelleiro de Traballo, Xosé Igrexas. Tamén asistiu María Jesús Novo, a alcaldesa de Boimorto e o delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro.
TRABALLOS REALIZADOS
Os traballos prácticos no Concello de Melide consistiron no axeitamento do espazo libre na fronte do centro sociocultural de Furelos e no entorno do centros sociocultural de San Martiño. No Concello de Boimorto acondicionouse a zona axardinada no entorno da residencia de persoas maiores e centro de día e no entorno do centro médico e o centro social municipal de maiores.