Novas

Máis novas

O Concello recorda a obrigatoriedade de manter limpas as fincas

23/07/2019. O Concello de Melide recorda a través dun bando informativo a obrigatoriedade de manter limpas de maleza as fincas aos veciños e veciñas da vila. Esta medida cobra especial importancia nos meses de verán polas altas temperaturas

MELIDE 23 de xullo de 2019.- O Concello de Melide vén de facer público un bando informativo recordando a obrigatoriedade de limpar e manter en bo estado de conservación as súas fincas e propiedades. Esta medida, cobra especial importancia coa chegada da tempada estival polo incremento da temperatura ambiental co conseguinte risco de incendio, afectará a todos os propietarios de parcelas urbanas e fincas colindantes con camiños públicos.

As actuacións a realizar por parte dos propietarios consisten, principalmente, na eliminación de maleza e na limpeza dos terreos para garantir un estado de conservación en condicións óptimas de salubridade evitando perigos innecesarios que poidan dar lugar a pequenos incendios ou cheiros provocados pola acumulación de residuos que ademais poden derivar na aparición de insectos ante o ascenso das temperaturas.

Asimesmo, o concello recorda que en caso de incendio nas distintas propiedades afectadas pola medida ou de posibles danos ocasionados a terceiros lindantes, a responsabilidade recaerá integramente sobre os titulares das mesmas.

As sancións por incumprimento do disposto na Lei 3/2007 no 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia contempla sancións desde 100 euros e ata un millón de euros.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp