Novas

Máis novas

Teatro, música e actividades para todas as idades no Verán Cultural de Melide

26/07/2019. O programa de actividades, Verán Cultural, para o mes de agosto vén de presentarse no Concello de Melide, son actuacións que formarán parte da actividade cultural da vila durante un mes no que a poboación chega a triplicarse

MELIDE 26 de xullo de 2019.- Na mañá de hoxe a concelleira de Cultura do Concello de Melide, Mayka Basalo, presentou na xornada de hoxe aos medios de comunicación a programación cultural do Concello de Melide para o mes de agosto.

“Son actividades organizadas pensando en todos os tramos de idade e en todos os gustos, xa que entendemos que é tempo de lecer en Melide para que as familias poiden gozar das diferentes actuacións en conxunto”, explicaba Mayka Basalo, concelleira de Cultura do Concello de Melide.

Como cada verán, o Concello de Melide fai un esforzo para que tanto a veciñanza como a xente que nos visita durante o mes de agosto teña unha programación cultural adecuada para gozar das tardes de verán na vila sen necesidade de desprazarse a outros concellos veciños nin tampouco as grandes urbes.

PROGRAMACIÓN PARA TODA A FAMILIA

A programación cultural do Concello de Melide comeza o próximo luns 29 de xullo coa exposición das obras do VI Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez na sala de exposicións da casa da cultura de Melide.

Será xa no propio mes de agosto cando a axenda veña cargada de actividades. Así, o día 1, chegará a Melide “Cocido simbólico”, o venres 2, actuación musical tradicional de Faíscas da Pontraga. O sábado 3, actuación de MJ Pérez coa súa xira “Casandra”.

A programación continuará o martes 5 de agosto ás 20.30h co Circo Chosco, circo gran formato, o mércores 7 chega Uxía Lambona e a banda molona, o xoves 8, garabato de xogos, o venres 9 de agosto é a quenda para Roi Casal e o sábado 10 de agosto chega a Melide a música de The Cerne e Strobos. O domingo 11 tamén haberá música da man da agrupación folclórica Cantigas e Agarimos e o xoves 15 de agosto, para poner o punto final á programación actuará en Melide a Orquestra de Cámara Galega co seu espectáculo Orixes ás 22h da noite.

 

 

A maioría das actividades celebraranse na praza do Convento, sempre que o tempo acompaña e senon desprazaranse á Casa da Cultura ou ao Palacio de Congresos e Exposicións. Todas elas son gratuitas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp