- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Arranca unha campaña de recollida de sinaturas para defender o río Furelos
22/07/2019. Arrancaba no río da Cornella en Santiso, unha recollida de firmas co fin de poñerlle punto final ao problema de verquidos. Os concellos de Melide, Toques, Santiso e Agolada e membros de asociación da zona estiveron presentes
MELIDE 22 de xullo de 2019.- Durante a xornada de onte, representantes dos concellos de Santiso, Agolada, Toques e Melide, asistiron ao pistoletazo de saída da campaña de recollida de firmas que tivo lugar na área recreativa do río da Cornella, co fin de recoller sinaturas en apoio para salvar ao río Furelos da situación de contaminación na que se ve envolta nos últimos tempos.
Aos representantes das institucións locais, tamén se uniron membros de diferentes asociación: a de Troiteiros do Rio Furelos de Melide, a Asociación Cultural e Veciñal Melidá, e a As Regueiras, estiveron presentes no acto como mostra de apoio á iniciativa.
Hai uns días os alcaldes de Melide, Toques e Santiso solicitaron unha xuntanza coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, co fin de chegar a entendemento entre as administracións locais e autonómicas para poñerlle solución ao problema dos vertidos no río Furelos.