- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O I Mercamelide no Camiño celebrarase o 9 e 10 de agosto na vila
19/07/2019. A feira de oportunidades do comercio melidense, o Mercamelide, chegará este verán á vila cargada de novidades. As datas de celebración serán o 9 e 10 de agosto e o lugar onde se instalarán os stands o Cantón de San Roque de Melide
MELIDE 19 de xullo de 2019.- Melide acollerá a súa tradicional feira de stoks de verán, este ano baixo o nome “I Mercamelide no Camiño”, que virá cargada de novidades, tanto para os establecementos participantes como para a veciñanza e os visitantes que se acheguen a gozar dela.
O I Mercamelide no Camiño celebrarase os días 9 e 10 de agosto, venres e sábado e terá como punto neurálxico da acitividade o Cantón de San Roque. Unha decisión que tanto comerciantes locais, Asetem e Concello de Melide, reunidos na xornada de onte, vén acertada debido a que se atopa en pleno casco urbano.
O horario da feira de stocks melidense será o venres 9 de agosto de 17h a 22h e o sábado día 10, dende as 11h ata as 20h de maneira ininterrumpida ao longo de todo o día para facilitar as mercas a veciños e visitantes.
MÚSICA E ANIMACIÓN DE RÚA PARA FOMENTAR O COMERCIO LOCAL
Paralelamente ao I Mercamelide no Camiño, Concello e Asetem, organizan unha completa programación de actividades para fomentar e animar a xornada de compras na vila.
Entre as actuacións que se agardan para estas dúas xornadas destacan a do músico Roi Casal, no parque Rosalía de Castro ás 22h o venres 9 de agosto e a dos grupos The Cerne e Strobos, na praza do Convento ás 22h como punto final á este evento de oportunidades melidense.
PRAZO PARA PARTICIPAR NO MERCAMELIDE
O prazo para participar no Mercamelide de verán estará aberto dende o día 22 de xullo e ata o venres 26. Os comercios locais interesados, sexan ou non socios de Asetem, teñen que inscribirse achegáronse ás instalacións da asociación de comerciantes, situada na rúa Lino Sexto Sánchez da vila en horario de 9h a 13h.