- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide, Santiso e Toques solicitarán unha xuntanza coa conselleira Medio Ambiente
18/07/2019. Os alcaldes de Melide, Santiso e Toques, acordaron, despois dunha xuntanza que mantiveron no día de hoxe, solicitar formalmente unha reunión coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta para solucionar o problema de verquidos
MELIDE 18 de xullo de 2019.- José Manuel Pérez, o alcalde de Melide, Manuel Adán, alcalde de Santiso e Miguel Buján, alcalde de Toques, concellos da Comarca da Terra de Melide e bañados polos río Furelos, decidiron no día de hoxe que solicitarán formalmente unha reunión de traballo coa titular da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, co fin de analizar solucións ao problema dos verquidos.
Esta decisión foi tomada despois de que o pasado venres, un novo vertido contaminante procedente da zona industrial melidense chegase ao Rego de Piñor, zona lindeira entre os concellos de Melide e Santiso. Ante a necesidade de poñerlle punto final a esta situación, os tres alcaldes da Comarca afectados, solicitarán unha xuntanza coa titular de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para analizar as posibles solucións así como tamén as vías de colaboración do organismo autonómico cos concellos da Comarca.