Novas

Máis novas

Melide celebra as festas do Carme con tres días de actividade

15/07/2019. Aínda que Melide non é vila mariñeira, a festividade do Carme vívese con especial agarimo no municipio. Dende o hoxe e ata o próximo mércores a rúa énchese de troula para celebrar un ano máis as festas do Carme

MELIDE 15 de xullo de 2018.-  Hoxe luns comezan os actos de celebración da festividade da virxe do Carme. Mañá martes 16 de xullo Melide vivirá a celebración do día grande das festas.

Como ven sendo habitual, a novena do Carme, comezou  9 días antes do pistoletazo de saída estas festas. Os actos relixiosos da virxe do Carme son seguidos por numerosos devotos e devotas da nosa vila. A novena da virxe do Carme comezaba na xornada do  7 de xullo, ás 8 da mañá, e pola tarde é ás 9 da noite, e ten lugar na igrexa do Castelo de Melide. Dado o difícil acceso deste templo para persoas enfermas, ou que posúan mobilidade reducida, xa que antes de chegar a esta igrexa hai que subir unha enorme pendente, o párroco da vila, organiza unha misa ás 19h da tarde na capela de San Pedro, na igrexa parroquial de Melide, para aquelas persoas que non poidan achegarse ata o Castelo de Melide.

Dende a Comisión organizadora das Festas do Carmen traballan a reo para conseguir que Melide teña ó longo de tres días festas na honra á Virxe do Carme.

MÚSICA NAS FESTAS DO CARME

A maiores do actos relixiosos, Melide contará con tres días de música para todos os gustos. Hoxe luns, a cita será con Suso de Boente e Os Piñeiros. Mañá martes 16 é o turno para a Banda de Música de Vilatuxe, a Charanga Támega, o grupo de gaitas o Balado, e as orquestras Gran Casino e Compostela. O último día das festas, o mércores 17 de xullo, a música correrá a cargo da Banda de Música de Agolada, e das orquestras Los Satélites e Trebol. Como novidade este ano terá lugar o primeiro certame de bandas ás 21.30h coa música da Banda de Agolada, a Banda de Merza e a Banda de Beade.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp