Novas

Máis novas

Novos vertidos procedentes do polígono industrial chegan ao río Furelos

12/07/2019. O alcalde de Melide, o seu primeiro tenente e o concelleiro de Medio Rural, acudiron hoxe a comprobar como o cauce do Furelos volve ser obxeto, unha vez máis, da contaminación dos vertidos procedentes do polígono industrial

MELIDE 12 de xullo de 2019.- De novo, o Concello de Melide foi alertado esta mañá dun vertido, procedente dos residuos das empresas afincadas no actual polígono industrial situado na Madanela.

José Manuel Pérez e José Antonio Prado, alcalde e primeiro tenente do Concello de Melide, acompañados polo concelleiro de Medio Rural, Xosé Igrexas, desprazáronse hoxe ata o cauce do río para comprobar in situ unha realidade que se repite no tempo:  un novo vertido de residuos chega ao Furelos dende o seu afluente Rego de Piñor.

Diferentes forzas de seguridade ambiental, avisados pola dirección de Augas de Galicia, tales como o Seprona ou a policía autonómica, así como fontes da policía local e parte do equipo de goberno melidense achegáronse ata o lugar dos feitos onde puideron ver como o río Furelos volve presentar síntomas elevados de contaminación procedentes por resudios externos, procedentes dende o polígono da localidade.

O goberno local apunta que “os vertidos ao río Furelos procedentes do polígono industrial non son nada novo, de feito xa se deu unha situación idéntica hai uns meses. O problema endémico pola falta de saneamento na zona industrial de Melide continua sendo un dos principais problemas para a vila. Somos plenamente conscientes da magnitude desta cuestión para Melide, e é unha prioridade deste goberno poñer solucións a estes feitos, tomaremos todas as medidas necesarias para que así sexa. Estamos recabando toda a información que consta no Concello e nas autoridades competentes para poder ter claro cal é o camiño a seguir para rematar dunha vez por todas con este feito tan intolerable que levan sufrindo o noso medio ambiente dende hai anos”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp