Novas

Máis novas

A música clásica foi protagonista en Melide co Festival do Cruceiro

12/07/2019. Melide acolleu o Festival do Cruceiro Melide Clásica que se celebrou dende o pasado domingo e ata onde na igrexa de San Pedro. Diferentes artistas que visitaron a vial, pensado como alternativa de ocio para peregrinos e veciños

MELIDE 12 de xullo de 2019.- Melide acolleu dende o pasado domingo e ata a noite de onte xoves o Festival do Cruceiro Melide Clásica, que encheu a nosa vila de música por medio de concertos diarios sempre ás 21.30h na igrexa de San Pedro, situada na praza do Convento da vila.
Obras de Britten, Beethoven, Granados, Ravel Holst, Stamiz, Kareyev, Bartok e Groba soaron en Melide nunha semana adicada a música clásica donde todos os concertos foron gratuitos.

O concerto de clausura de onte, correru a cargo da Orquestra de Cámara Galega de novo na Igrexa de San Pedro cun programa alegre e festivo. Foi unha nova ocasión de disfrutar a música, de descubrir compositores pouco coñecidos, de escoitar aos clásicos universáis e de coñecer a obra do mestre Rogelio Groba. 
Demusicade, a Asociación para o Desenvolvemento da Cultura Musical na Infancia para Colectivos Desfavorecidos e en risco de Exclusión Cultural, foi a encargada de organizar este festival en Melide, lugar no que se cruzan os Camiños Xacobeos máis transitados en Galicia, con ánimo de ofrecer aos peregrinos unha programación inesperada e á altura do camiño cultural europea que representa o Xacobeo. O Concello de Melide colaborou con esta iniciativa.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp