Novas

Máis novas

Títeres Cachirulo presentará “A Barraca Camiño a Compostela” en Melide

11/07/2019. Títeres Cachirulo presentará en Melide o seu novo proxecto “A barraca Camiño a Compostela” que está incluido dentro do programa de dinamización do Xacobeo 2021. Previamente á actuación, os baixos do Concello acolle unha exposición

MELIDE 11 de xullo de 2019.- Melide acolle dende hoxe nos baixos da casa consistorial unha pequena exposición que amosará diferentes marionetas e monicreques de personaxes vinculados á historia do Camiño de Santiago e informa da súa actuación en Melide que será o venres 19 de xullo ás 20.30h na praza do Convento.
Títeres Cachirulo presentará en Melide o seu novo proxecto “A barraca Camiño a Compostela”, que vén de ser incluido dentro do programa de dinamización do Xacobeo 2021 “O Teu Xacobeo”, da Consellería de Cultura e Turismo.
Durante os meses de xullo e agosto, unha barraca-retablo de monicreques irá polo camiño representando a obra “Camiño de aventuras” con personaxes vinculados á tradición Xacobea, como Don Gaiferos, a Raíña Lupa, a Raíña Isabel de Castela ou o mesmo Demo Lucifer, entre outros.
Un obradoiro de “Monicreques no camiño”, completará a xornada de títeres en Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp