- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Dous alumnos do IES de Melide, mellores expedientes de Galicia
09/07/2019. Iria Varela e Adrián Iglesias do IES de Melide, foron recoñecidos, nun acto celebrado en Santiago de Compostela como uns dos mellores expedientes de Galicia despois de obter máis dun 9 entre a media de bacharelato e selectividade
MELIDE 9 de xullo de 2019.- Iria Varela Pedreira e Adrián Iglesias Campos, ambos alumnos do IES de Melide foron recoñecidos, nun acto que se celebrou nun ateigado palacio de congresos e exposicións de Santiago de Compostela, como uns dos mellores expedientes de Galicia.
Foron un total de 719 alumnos os que se reuniron na tarde de onte para recibir unha distinción polo froito do seu traballo, unha suma de organización e esforzo que finalmente os levou a obter máis dun nove na media entre bacharelato e selectividade.
No acto houbo un recordo para os tres rapaces mortos no accidente de Chapela, momento de aplausos e lembranzas para os que non puideron estar nesta importante paso dende a mocidade á vida adulta.
No acto, a maiores do rector da USC, Antonio López, tamén estiveron presentes o alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a mais de outros membros da Universidade de Santiago.