Novas

Máis novas

Remata o I Campus Compos en Melide cunha festa final para os participantes

08/07/2019. O venres pasado tivo lugar no campo municipal de Melide a festa que puxo o punto final ao I Campus Compos que se celebrou no noso municipio. Participaron medio centenar de nenos e nenas tanto da vila como de concellos lindeiros

MELIDE 8 de xullo de 2019.- Melide puxo o punto final ao I Campus Compos que se celebrou no campo municipal de fútbol e que congregou  a 52 nenos e nenas de Melide e de concellos limítrofes.

O Concello de Melide colaborou coa Sociedade Deportiva Compostela para celebrar na vila o esta iniciativa deportiva. Foi unha iniciativa que pretendeu dar a coñecer, progresar e perfeccionar aspectos técnicos e tácticos do fútbol, tanto individuais como colectivos, baseándose nunha actividade lúdica e recreativa. Entre outros dos moitos obxetivos deste Campus tamén se quixo fomentar as posibilidades educativas do fútbol con actividades complementarias ou promover os valores coma a amizade, autoestima, tolerancia, solidariedade, igualdade, respecto e xogo limpo.

Na xornada do pasado venres, que foi a última sesión, todos os rapaces e rapazas gozaron dunha festa final.
 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp