- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide pon en marcha unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas nas parroquias
07/11/2017. Esta campaña ponse en marcha dúas veces ao ano para facilitar a reciclaxe de plásticos no rural. Desenvolverase entre os próximos días 13 e 14 de novembro e os plásticos serán tratados para a súa reciclaxe
O Concello de Melide a través da súa Concellaría de Medio Ambiente desenvolverá unha campaña de reciclaxe de plásticos agrícolas establecendo un calendario de recollida por todas as parroquias. Será os días 13 e 14 de novembro.
Milleiros de quilos de plásticos agrícolas serán tratados para a súa reciclaxe grazas a unha iniciativa do Concello de Melide e que ten por obxectivo eliminar estes restos, fundamentalmente agrícolas, dos vertedoiros ilegais e dos contornos domésticos.
O amoreamento de plásticos procedentes de silos agrícolas e doutras tarefas do campo resultan un problema de difícil solución para os labregos, dada a difícil capacidade de deterioro destes materiais. Por iso, e para evitar o amoreamento de plásticos en vertedoiros incontrolados ou provocando contaminación visual a carón dos domicilios e explotacións gandeiras, o Concello de Melide promove unha campaña de recollida de plásticos agrícolas establecendo un calendario para todas as parroquias.
Un vehículo encargarase da recollida destes materiais, que os veciños, informados por un bando municipal, irán depositando nos lugares de costume das distintas parroquias.
Dende o Concello de Melide, faise especial fincapé en que só se depositen nestes lugares plásticos de silo e non envases de plástico, xa que estes dous residuos teñen procesos de reciclaxe diferentes e polo tanto non se poden mesturar.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, amosa o seu agradecemento á veciñanza que como é habitual colabora sempre con este tipo de campañas que se promoven dende a concellería de Medio Ambiente a prol da reciclaxe e o coidado do entorno