- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Remata Melide Social, unha experiencia de voluntario interxeneracional do Concello de Melide
16/10/2017. Melide Social foi unha acción dentro do Programa de Voluntariado que se levou a cabo durante dous meses no Concello de Melide. No Melide Social participaron un total de persoas do municipio.
Na xornada de onte, domingo, finalizaba a acción Melide Social, que se enmarca nas actividades que o Concello de Melide organizou dentro do seu Programa de Voluntariado.
Nesta iniciativa participaron un grupo de cinco veciños e veciñas de Melide con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos que levaron a cabo o seu labor no Centro Social e no Centro Ocupacional. Durante case dous meses, desenvolveron funcións de apoio cos maiores e coas persoas con discapacidade da vila. Os participantes recibirán nos vindeiros días un diploma acreditativo.
“O fin non foi outro que compartir experiencias variadas con persoas de todas as idades, facendo así unha experiencia moi enriquecedora, tanto para uns como para outros”, explica Yolanda Pérez, concelleira de Xuventude do Concello de Melide.
Dalia García, alcaldesa de Melide, facía un bo balance desta actividade e aseguraba que “o Concello de Melide seguirá traballando nesta liña, xa que beneficia tanto as as persoas usuarias do Centro Ocupacional como aos maiores do Centro Social, convertindo esta acción voluntaria nunha experiencia interxeneracional”.
O Concello de Melide está inscrito como entidade voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. A actividade foi subvencionada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado na Xunta de Galicia.