Novas

Máis novas

A música clásica protagonista na vila nun festival con artistas internacionais

04/07/2019. Concertos musicais chegan a Melide coa celebración do Festival do Cruceiro Melide Clásica que chega á vila o vindeiro domingo 7 de xullo e levarase a cabo ata o xoves día 11. Todos os concertos son gratuitos e na igrexa de San Pedro

MELIDE 4 de xullo de 2019.-  Melide acolle dende este próximo domingo 7 de xullo e ata o vindeiro xoves 11 o Festival do Cruceiro Melide Clásica, que encherá a nosa vila de música por medio de concertos diarios sempre ás 21.30h na igrexa de San Pedro, situada na praza do Convento da vila. Obras de Britten, Beethoven, Granados, Ravel Holst, Stamiz, Kareyev, Bartok e Groba soarán en Melide nunha semana adicada a música clásica donde todos os concertos serán gratuitos.
O día 7, a Orquestra de Cámara Galega dirixida por Rogelio Groba Otero abrirá o festival cun concerto na igrexa de San Pedro que contará coa fantástica solista de cello, Alba Reiris. O luns 8 o Tío Le Beau, premiado internacionalmente en diversas ocasións, interpretarán a Bethoven, Granados e Ravel, nunha viaxe pola música europea. O martes 9, de novo a Orquestra de Cámara Galega, acompañada pola pianista Gema Arias interpretarán entre otras obras, Soatiña de Rogelio Groba, peza que estrearon en Bruxelaso pasado mes de maio; o mércores 10 o Duo Esjedon integrado por o brillante clarinetista grego Spyros Fakiolas e a fantástica cellista galega Alba Reirís interpretarán un concerto cheo de lirismo e intimidade. O concerto de clausura do día 11 correrá a cargo da Orquestra de Cámara Galega de novo na Igrexa do Santo Espíritu cun programa alegre e festivo.

Unha nova ocasión de disfrutar a música, de descubrir compositores pouco coñecidos, de escoitar aos clásicos universáis e de coñecer a obra do noso compositor, patrimonio cultural galego, o mestre Rogelio Groba.

Demusicade, a Asociación para o Desenvolvemento da Cultura Musical na Infancia para Colectivos Desfavorecidos e en risco de Exclusión Cultural, organiza este festival Melide, lugar no que se cruzan os Camiños Xacobeos máis transitados en Galicia, con ánimo de ofrecer aos peregrinos unha programación inesperada e á altura do camiño cultural europea que representa o Xacobeo. O Concello de Melide colabora con esta iniciativa.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp