- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Descende o paro en Melide e Comarca no pasado mes de xuño
02/07/2019. O paro volve a descender en Melide e na Comarca no pasado mes de xuño. A Comarca conta cun total de 521 desempregados e a vila de Melide con 357. O paro descende en Melide e comarca no pasado mes de xuño nun total de 13 persoas
MELIDE 2 de xullo de 2019.- Volve descender o paro en Melide e na nosa Comarca no mes de xuño. No total da Comarca son 13 persoas menos ás que xa non están no paro. Por Concellos, Melide con con 9 persoas menos en paro e conta cun total de desempregados de 357. En Santiso o paro mantense, nin ascende nin descende, e en Sobrado dos Monxes, o paro baixa en 2 persoas. En Toques o paro descende tamén en dúas persoas. Así, no conxunto total da Comarca o número de desempregados é 521, 13 persoas menos que no mes anterior.
En conxunto, Galicia segue reducindo o paro a nivel anual e mensual confirmando a tendencia de baixada do desemprego e de creación de postos de traballo dos últimos meses. De feito, posiciónase no último ano como a Comunidade na que máis baixa o paro, superando ao Estado en máis de catro puntos (Galicia:-8,71%; España: -4,63%).