Novas

Máis novas

A escola infantil municipal despide o curso viaxando en tren á praia

02/07/2019. Os nenos e nenas da escola infantil municipal despediron o curso cunha excursión á Vilagarcía de Arousa, onde gozaron dun día de sol e baños na praia. Ata Santiago desprazáronse en bus, alí colleron un tres ata o seu destino

MELIDE 2 de xullo de 2019.- Os nenos e nenas da escola infantil municipal de Melide vixaron á praia na súa excursión de fin de curso o pasado venres. Fixérono acompañados dos seus familiares e amigos nunha xornada especial que comezou cunha viaxe en autobús dende Melide e ata Santiago.

Unha vez na capital galega, os rapaces e rapazas e as súas familias colleron o tren ata Vilagarcía de Arousa, vivindo a experiencia de probar novos medios de transporte. En Vilagarcía, o grupo de Melide compartiu unha comida de confraternidade e pasaron unha tarde de sol e baños na praia.

O curso da escola infantil municipal continua en xullo e ata o mes de agosto, que é cando o servizo se mantén pechado para as vacacións e ao mesmo tempo para realizar os controis pertinentes da instalación. O curso comezará de novo o próximo mes de setembro.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp