- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis de medio centenar de nenos e nenas participan no I Campus Compos
02/07/2019. O campo municipal de fútbol acolle durante esta semana I Campus Compos que se celebra do 1 ao 5 de xullo. Son un total de 52 nenos e nenas de Melide e de concellos limítrofes os que forman parte desta experiencia piloto na vila
MELIDE 2 de xullo de 2019.- O Concello de Melide colabora coa Sociedade Deportiva Compostela para celebrar na vila o I Campus Compos que ten lugar na vila dende onte luns e ata o próximo venres. Trátase dunha iniciativa que pretende dar a coñecer, progresar e perfeccionar aspectos técnicos e tácticos do fútbol, tanto individuais como colectivos, baseándose nunha actividade lúdica e recreativa. Entre outros dos moitos obxetivos deste Campus tamén se quere fomentar as posibilidades educativas do fútbol con actividades complementarias ou promover os valores coma a amizade, autoestima, tolerancia, solidariedade, igualdade, respecto e xogo limpo.
O I Campus Compos conta coa colaboración do Concello de Melide, de Jim Sports coa súa marca Softee que agasallará unha equipación completa a cada neno ou nena participante e patrocinadores locais como Ribeirao, García y Sánchez e Leonardo Miguélez.