Novas

Máis novas

Abre a oficina de turismo de Furelos para atención de visitantes e peregrinos

01/07/2019. Coa chegada de xullo, o Concello de Melide vén de contrata a tres técnicos de Turismo, que se situarán no Museo de Furelos onde atenderán a peregrinos e visitantes. Melide aumenta a súa poboación nos meses de xullo e de agosto

MELIDE 1 de xullo de 2018.- O Concello de Melide vén de contratar tres técnicos de Turismo que darán a información necesaria sobre Melide e Comarca a todos aqueles peregrinos que se acheguen a nosa vila. Tamén será un servizo que poderá ser utilizado por visitantes e turístas que escollan Melide como destino de vacacional.

O Museo de Furelos situado na parroquia que lle dá nome, lugar obrigatorio de paso por parte dos peregrinos, é a ubicación na que se atopan os técnicos de turismo e dende donde ofrecen toda a información necesaria para que os visitantes poidan gozar da beleza arquitectónica de Melide e Comarca.

Melide é unha vila que nos meses de xullo e agosto chega a triplicar a súa poboación e paso obrigatorio de milleiros de peregrinos na súa viaxe a Santiago de Compostela, razóns polas cales o Concello de Melide decide cada verán poner en marcha este servizo para que todos os que se achegan a nosa vila poidan coñecer todo o que Melide pode ofrecerlles e lle saquen o máximo rendimento ao seu paso pola nosa localidade.

Os tres técnicos de Turismo do Concello de Melide comezan hoxe a súa labor informativa e de promoción do noso territorio, traballo que se levará a cabo ata finais deste ano 2019.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp