- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide, capital moteira, durante a última fin de semana de xuño
01/07/2019. A Asociación Milli-Riders celebrou a fin de semana a sétima edición do Festival Motorock Milli Riders que foi capaz de congregar a participantes chegados dende moitos lugares de Galicia e fóra dela. Contou cunha ampla programación
MELIDE 1 de xullo de 2019.- A sétima edición do Festival Motorock Milli Riders que tivo lugar en Melide esta pasada fin de semana reuniu a centenares de persoas chegadas dende diferentes partes de Galicia e tamén a nivel nacional.
As actividades comezaron o pasado venres e extendéronse ata onte domingo, cando ao mediodía tiña lugar unha comida de confraternidade como peche desta edición.
Durante a xornada de onte domingo, tres clubs moteiros foron premiados pola súa impliación coa organización deste evento melidense. Os recoñecementos foron para Os Mouchos de Paradela, o motoclube do Valadouro e O Corte de Monterroso.
Os clubes que máis participantes aportaron a esta edición do festival en Melide foron o colectivo do Val do Ulla, Os Esquíos ou o da Pobra de Trives. O premio o motorista chegado dende máis lonxe foi para un residente en Yorkshire, no norte de Inglaterra.
CONCERTOS E ACTIVIDADES PARA TODAS AS IDADES
O VII Festival Motorock Milli-Riders comezou en Melide o pasado venres cos concertos de Leirabuxo, Os Residuos atractivas e Dagla. O sábado continuou coa actividade con espectáculos moteiros, entre eles contaron co coñecido Narcis Roca e os concertos de Motores, Vargas Blues Band e Automatas Beat. O domingo, onte que foi o último día do festival moteiro melidense organizouse unha ruta moteira e unha entrega de trofeos e premios aos asistentes.