- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O centro de día de Melide cumpre dez anos de servizo aos máis maiores
01/07/2019. Melide celebrou os 10 anos de servizo do centro de día o pasado venres. Fíxoo cunha xornada chea de actividade na mesma infraestrutura onde familiares e amigos dos usuarios e usuarias gozaron dunha programación especial
MELIDE 1 de xullo de 2019.- O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou o pasado venres no acto de celebración do décimo aniversario do centro de día de Melide. Durante o mesmo destacou o esforzo da Xunta de Galicia para que os nosos maiores conten cada vez con mais recursos e gocen de máis benestar. O xerente do Consorcio estivo acompañado na súa visita a Melide por José Manuel Pérez, o alcalde melidense e por membros do seu equipo de goberno.
No acto participaron familiares, usuarios e persoal do centro, que trasladaron a súa experiencia no mesmo ao longo dos últimos dez anos. Durante a xornada houbo actuacións musicais, inaugurouse unha mostra de fotografías e un mural conmemorativo, para despois desfrutar dunha merenda. O centro de día de Melide ten 39 prazas, das cales están ocupadas 26. Forma parte dun equipamento no que tamén se inclúe unha residencia con 30 prazas e unha vivenda comunitaria con 24.