Novas

Máis novas

Melide quenta motores para acoller o VII Festival Motorock Milli-Riders

28/06/2019. A sétima edición do Festival Motorock Milli-Riders chega dende a tarde-noite de hoxe a Melide tendo o seu lugar de celebración nas inmediacións do parque Rosalía de Castro, en pleno casco urbano onde terá lugar toda a programación

MELIDE 28 de xuño de 2019.- Os membros da asociación moteira Milli-Riders quentan motores para celebrar esta fin de semana, unha nova edición do Festival Motorock que este ano chega a súa sétima celebración.

Toda a actividade terá lugar nas inmediacións do parque Rosalía de Castro de Melide, tanto os concertos como os shows acrobáticos, levaranse a cabo neste lugar e será onde concentre a maior afluenza de xente na vila esta fin de semana.
José Manuel Pérez, alcalde de Melide, agradece á asociación moteira local que “un ano máis poidamos presentar un cartel tan completo,  que dá boa fe de que o traballo ben feito sempre dá os seus froitos. As anteriores foron un éxito e esta sen dúbida tamén o será”. 

O presidente do colectivo MilliRiders, Emilio Gómez, apuntaba que “cada ano intentamos que o Festival Motorock sexa capaz de acoller actividades que poidan gustar a todas as idades, xa que queremos que non só os afeccionados ás motos se acheguen a Melide esta fin de semana senón tamén, ser capaces de agradar a todos os vecinos e veciñas de Melide”.

O VII Festival Motorock Milli-Riders comezará en Melide hoxe venres cos concertos  de Leirabuxo, Os Residuos atractivas e Dagla. Mañá sábado continuarán coa actividade con espectáculos moteiros, entre eles contarán co coñecido Narcis Roca e os concertos de Motores, Vargas Blues Band e Automatas Beat. O domingo será o último día do festival moteiro melidense que contará cunha ruta moteira e cunha entrega de trofeos e premios aos asistentes. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp