Novas

Máis novas

O centro social axuda coa tramitación da inscrición nas viaxes do Imserso

25/06/2019. O centro social asesorará a todos os veciños e veciñas da vila que queiran facer a súa inscrición para participar no programa de turismo social do Inserso 2019. O prazo está aberto ata o 10 de xullo e tamén pode facer on line

MELIDE 25 de xuño de 2019.- O centro social de Melide axudará a todos os veciños e veciñas que queiran beneficiarase do programa de Turismo Social para maiores do Imserso 2019/2020 a realizar o trámite. Unha xestión que pode facerse directamente on line ou ben achegarse ata o centro social da vila para recibir asesoramento para poder realizar a inscrición previa no programa. A atención pode ser presencial, achegáronse ata as instalacións melidenses ou ben a través do teléfono 981 50 5706.

A persoas que poderán participar desta iniciativa serán persoas que sexan pensionistas de xubilación do Sistema Público español de Pensión, ou pensionistas de viuvez e ter cumpridos os 55 anos de idade. Se se é beneficiario do Sistema da Seguridade Social, é necesario ter 65 anos cumpridos. Deberán en todo caso, os participantes valerse por sí mesmos para realizar as actividades básicas da vida diaria.

Existen diferentes alternativas como circuitos culturais, turismo de natureza, viaxes a capitais de provincia, turismo interior, costerior peninsular e costeiro insular.

O prazo de presentación de solicitudes comezou hoxe martes 25 de xuño e rematará o mércores 10 de xullo de 2019.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp