Novas

Máis novas

Os Milli Riders presentan a programación da fin de semana máis moteira de Melide

22/06/2019. A Asociación Milli Riders da vila poñerá en marcha o VII Festival Motorock que se celebrará en Melide os días 28,29 e 30 de xuño. Esta mañá presentaron a programación no Concello de Melide acompañados do alcalde, José Manuel Pérez

MELIDE 22 de xuño de 2019.- Os membros da asociación moteira Milli-Riders quentan motores para celebrar a vindeira fin de semana, os días 28, 29 e 30 de xuño, unha nova edición do Festival Motorock que este ano chega a súa sétima celebración.

Durante a mañá de hoxe, os membros da asociación moteira xunto co alcalde de Melide, José Manuel Pérez, presentaron aos medios de comunicación esta nova edición que conservará o seu lugar de celebración do ano pasado: as inmediacións do parque Rosalía de Castro.

José Manuel Pérez, alcalde de Melide, agradeceu á asociación moteira local que “un ano máis poidamos presentar un cartel tan completo,  que dá boa fe de que o traballo ben feito sempre dá os seus froitos. As anteriores foron un éxito e esta sen dúbida tamén o será”.

O presidente do colectivo Milli Riders, Emilio Gómez, apuntaba que “cada ano intentamos que o Festival Motorock sexa capaz de acoller actividades que poidan gustar a todas as idades, xa que queremos que non só os afeccionados ás motos se acheguen a Melide a vindeira fin de semana senón tamén, ser capaces de agradar a todos os vecinos e veciñas de Melide”.

O VII Festival Motorock Milli-Riders comezará en Melide o venres 28 de xuño cos concertos  de Leirabuxo, Os Residuos atractivas e Dagla. O sábado 29 de xuño continuarán coa actividade con espectáculos moteiros e o concernto de Motores, Vargas Blues Band e Automatas Beat. O domingo 30 de xuño será o último día do festival moteiro melidense que contará cunha ruta moteira e cunha entrega de trofeos e premios aos asistentes.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp