Novas

Máis novas

Melide ofrece campamentos de verán para a conciliación laboral e familiar

20/06/2019.  O prazo de incricións abrirá o luns 24 de xuño e poderán participar rapaces e rapazas con idades entre os 3 e os 15 anos. A actividade levarase a cabo no CEIP Nº1 e a inscrición ten que facerse no rexistro do Concello de Melide

~MELIDE 20 de xuño de 2019.- O Concello de Melide pon en marcha este verán como cada ano o Campamento Urbano para facilitar a conciliación laboral e familiar durante os meses de verán nos que os rapaces e rapazas gozan das súas vacacións estivais e os seus pais teñen que seguir coa súa rutina laboral.
Así, dende o próximo luns 24 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para poder participar no campamento de verán do Concello de Melide. Como é habitual constará de diferentes actividades lúdico-deportivas nas que os máis cativos e cativas poderán compartir experiencias entre os seus iguais.
Os campamentos do Concello de Melide comezarán o luns 1 de xullo e rematarán o 9 de agosto, ámbolos dous días incluidos en horario de mañá dende ás 8.45h e ata as 14.15h.  de luns a venres, a excepción do 16 de xullo, día do Carme, festivo local en Melide, e o 25 de xullo, día do Apóstolo, festivo en Galicia. 
A actividade levarase a cabo no pavillón polideportivo do CEIP Número 1 de Melide. As persoas interesadas en realizar a inscrición poden achegarse ao departamento de Cultura do Concello de Melide para realizar o trámite dende o próximo luns 24 de xuño, en horario de 9h a 14h.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp