Novas

Máis novas

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradece a solidariedade de Melide

18/06/2019. A Axencia de Doazón de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia vén de recoñecer a solidariedade dos veciños e veciñas de Melide cun recoñecemento nun acto que tivo lugar o pasado venres en Santiago de Compostela na Cidade da Cultura

MELIDE 18 de xuño de 2019.- O Concello de Melide foi recoñecido pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia polo seu labor en prol da doazón de sangue, debido as últimos datos que aportan as estatísticas en canto aos datos dos melidenses á hora de realizar este acto altruista.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, salientou o carácter xeneroso dos galegos e das galegas a prol da doazón de sangue, no transcurso da entrega de recoñecementos co gallo do Día Mundial do Doador de Sangue, que tivo lugar nun acto desenvolvido na Cidade de Cultura. Así mesmo, o titular do departamento de Sanidade, quixo facer unha positiva valoración do traballo realizado a prol da creación dunha conciencia social proclive á doazón de sangue, que ten levado a Galicia a situarse como unha das comunidades autónomas con maiores índices de participación.
 A directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García, manifestou que “o noso obxectivo é ser unha canle, a conexión vital que posibilita que unhas persoas poidan axudar ás outras” e quixo que esta xornada permita visibilizar a importancia da colaboración dos cidadáns que desinteresadamente, cada día, fan unha doazón de sangue.
Xunto co Concello de Melide, tamén obtiveron recoñecemento nesta edición os concellos de Chantada, Gudiña e Cambados.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp