Novas

Máis novas

A posta en marcha da Campaña HORECA facilitará a reciclaxe de vidro á hostalería de Melide

23/10/2017. A alcaldesa de Melide e a concelleira de Obras, mantiveronunhaxuntanza de traballo co xerente de Ecovidrio de Galicia. A campaña ten por obxeto facilitar a reciclaxe do vidro aos locais da hostalería de Melide

Dalia García, a alcaldesa de Melide, xunto coa concelleira de Obras e Servizos do Concello de Melide, mantiveron no día de onteunhaxuntanza de traballo na vila con German Fernández, xerente de Ecovidrio en Galicia.  O tema central desteencontrofoi establecer as bases para poñer en marcha a Campaña HORECA entre os locais da hostalería de Melide.

Trátasedunproxecto que ten como último fin a mellora da recollida selectiva de envases lixeiros mediante o fomento e a participación dos establecementos do sector da hostalería. A través desta campaña Ecovidro pretende facilitar a reciclaxeneste sector instalando novoscontedores adaptados, dotados con boca máis ancha e entregando cubos aoshostaleiros que teña a ben participar nesta iniciativa.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, fai un chamamento a todos os hostaleiros da vila e anímaos a ser partícipes desta campaña de sensibilización e concienciación da reciclaxe de vidroneste sector xa que “por unha banda facilitará o seutraballo á hora da reciclaxe dos envases lixeiros e polaoutra colaborarán co medio ambiente da nosavila, unhatarefa que corresponde a todos os sectores da sociedade” .

CAMPAÑA EN DÚAS FASES

A campaña HORECA constará de dúas fases. Unha primeira na que se recollerá información e de concienciación, na que se conoce de primeira man os hábitos de reciclado de vidro e onde se adecuan os recursos de cada local ás necesidades da campaña.

Nunha segunda fase, aoshostaleiros que o soliciten instalaránselles cubos con rodas nos establecementos que os solicitaron e colocaranse contedores adaptados, dotados dunha boca máis ancha, que permiten a reciclaxe de grandes cantidades de vidro xeradas pola hostalería, en zonas próximas aos locais co fin de que lles resulte máis fácil xestionar os seus residuos de vidro, especialmente nas zonas máis complicadas como por exemplo o cásco histórico da vila, a zona dos pubs ou lugares de difícil acceso.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp