- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Nuno Costa e Paula Mayobre, gañadores da Media Maratón
17/06/2019. A novidade desta edición foi a entrega de árbores autóctonas galegas a cada participante na carreira. Unha acción que se levou a cabo dende e Asociación Deportiva Cerne Melide coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente
MELIDE 17 de xuño de 2019.- Nuno Costa e Paula Mayobre, foron os gañadores da Media Maratón Os 21 do Camiño. Partían como favoritos e non defraudaron.
Costa impúxose no cadro masculino cun tempo de 1hora 8 minutos 14 segundos e no feminino Mayobre foi a primeira en atrevesar a liña de meta cun tempo de 1hora 25 minutos e 26 segundos.
O pódium masculino completárono o arzúa Lolo Penas en segunda posición e o melidense Anxo Castro en terceira. No feminino en segunda posición estivo Beatriz Fernández e en terceira María Jesús Gestido.
Os 21 do Camiño, supérase cada ano en afluenza de xente, este ano contou con 800 participantes e pechou a súa inscrición, por esgotarse as prazas o 7 de abril, cando a proba vén de desputarse este pasado sábado, 15 de xuño.
NOVIDADES
A principal novidade desta edición foi a entrega de árbores autóctonas galegas a cada participante na carreira. Tratouse dunha acción que se levou a cabo dende e Asociación Deportiva Cerne Melide coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente. O que se pretendía é que cada corredor plante a árbore que se lle entregou en meta para así, entre todos os participantes axudar a renovar a masa forestal de Galicia, tan castigada nos últimos tempos polos incendios.
Esta iniciativa sostible, compleméntouse coa participación na proba na listaxe de “Eventos con buen ambiente” nos que ten presencia Coca-Cola e que contén unha serie de recomendacións para minimizar o impacto negativo ambiental e social deste tipo de acontecementos.
Na súa compoñente solidaria, tamén se realizou unha recollida de tapóns de plástico que foron parar á Asociación Tapones Solidarios, como xa acontecía o ano pasado.
A Media Maratón OS 21 do Camiño contou con máis de 100 voluntarios e voluntarias que se desprazaron por todo o percorrido e que serviron de axuda e de guías aos participantes na carreira.