Novas

Máis novas

Saen a licitación as obras do espazo de ocio infantil do Cantón de San Roque

13/06/2019. A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia saca a licitación as obras da instalación de pavimentos e xogos infantís no parque do Cantón de San Roque para o que a Xunta se destina un orzamento base de 98.597 euros

MELIDE 13 de xuño de 2019.- O novo parque de ocio infantil do Cantón de San Roque, será unha realidade nos vindeiros meses. Así o reflexa a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia que vén de facer público a licitación desta obra.

A Consellería de Medio Ambiente comprometíase co Concello de Melide no pasado mes de marzo a colaborar coa administración local para poder ter un parque de ocio infantil renovado no actual reformado Cantón de San Roque.

No lugar habilitado para tal fin, crearase un espazo de ocio dedicado íntegramente ao desfrute dos máis cativos e carivas para dar resposta ás demandas veciñais.  Este proxecto, inclúe a instalación dun carrusel xiratorio, dúas torres modulares con tobogán, rocódromo, barras de escalada e de bombeiros, e un gran xogo central composto por unha rede bidimensional con estrutura metálica e tobogán incorporado.

Así mesmo, tamén está prevista a instalación de caucho no solo do parque para amortecer as posibles caídas dos nenos e nenas cunha superficie adaptada a estes espazos, así como a colocación de paneis informativos nos dous puntos de acceso.

INVESTIMENTO DE MÁIS DE 400.000 EUROS

No conxunto das obras do Cantón de San Roque, o investimento da Consellería ascendeu a 400.000 euros, suprimíronse as barreiras arquitectónicas co fin de mellorar a accesibilidade e ampliáronse os espazos reservados para os peóns, contribuíndo á humanización da zona. En total, actuouse nunha superficie de máis de 5.000 metros cadrados en pleno núcleo urbano e na principal arteria de Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp