Novas

Máis novas

Sae a licitación a obra de cambio de cuberta do CEIP Martagona de Melide

12/06/2019. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta vén de sacar a licitación as obras de cambio de cuberta do CEIP Martagona, unhas melloras que superarán os 95.000 euros deteriorada polo paso do tempo

MELIDE 12 de xuño de 2019.- A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia investirá 95.000 euros no cambio de cuberta do CEIP Martagona, deteriorada polo paso do tempo.

Despois de varias xestións do actual equipo de goberno xunto co xefe territorial da Consellería de área, Indalecio Cabana, o cambio de cuberta do CEIP da Martagona será unha realidade nos vindeiros meses. Estes días saía publicada na plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación desta obra.

As obras que se realizarán neste centro educativo consistirán no cambio da cuberta de todo o edificio así como tamén  de dous dos lucernarios cos que conta a instalación.

A alcaldesa en funcións, Dalia García, agradece unha vez máis que a Consellería de Educación a través da súa xefatura territorial teña men conta as demandas que se realizan dende o CEIP da Martagona de Melide, que “sen dúbida repercutirán na mellora e na eficiencia enerxética da infraestrutura coa renovación da cuberta”.

Nos últimos anos, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional leva investido nos centros educativos de primaria e no IES de Melide máis de 230.000 euros.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp