- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide amplia o ximnasio cunha aula biosaudable
11/06/2019. Avanzan a bo ritmo as obras da ampliación do ximnasio cunha aula biosaudable. Os traballos comezaron hai uns días e esta aula estará anexa ao edificio actual. Ten un orzamento de 60.000 euros e ampliará a oferta deportiva da vila
MELIDE 11 de xuño de 2019.- As obras de ampliación do edificio que alberga o ximnasio e a piscina municipal avanzan a bo ritmo. A mellora na que se traballa nestes momentos é unha auxa anexa biosaudable que terá 109 metros cadrados de superficie.
O proxecto, que conta cun orzamento de 59.976, 83 euros, ponse en marcha para ampliar a oferta deportiva e de ocio da vila cun equipamento multifuncional e adaptable a distintas actividades e colectivos. Esta ampliación realizarase ao noroeste da fachada da piscina municipal e contará con acceso propio e tamén será accesible desde a propia recepción do edificio do ximnasio e poderá funcionar de maneira conxunta ou independente. Será un espazo que acollerá actividades dirixidas como pilates, artóbic, step, zumba, tonificación, baile moderno, etc...ou outras modalidades deportivas segundo a demanda dos usuarios e usuarias.
As obras, que comezaron hai uns días, avanzan a bo ritmo e prevese que para o vindeiro curso, a aula biosaudable xa poida estar en funcionamento.