- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide incrementa a súa plantilla de policías locais
11/06/2019. Coa chegada dos meses de verán, Melide verá incrementada a súa plantilla de Policía Local en cinco persoas. Serán dous auxiliares que estarán contratados por catro meses e tres profesionais como funcionarios do propio Concello
MELIDE 11 de xuño de 2019.- O goberno en funcións do Concello de Melide vén de anunciar que rematan de notificar á administración local que posuirá como xa se tramitara meses atrás, dous auxiliares de policía local para os labores de apoio aos efectivos durante os meses de verán e que se incorporarán nos próximos días.
Por outra banda, tamén se informa que serán tres os efectivos que entrarán a formar parte do persoal funcionario do Concello de Melide unha vez remate o seu período de formación na academia autonómica de Seguridade da Estrada, dando así por cubertas as tres prazas que ata o momento quedaban vacantes na plantilla de Policía Local de Melide.
A alcaldesa en funcións, Dalia García agradece “o enorme esforzo feito polos efectivos actuais para levar a cabo a vida diaria do Concello, traballo que é arduo de por sí, xa que nos meses de verán hai moita poboación, así como non hai que esquecer a influencia do Camiño de Santiago”.
Tal e como explica o actual goberno en funcións, con este trámite, danse por rematadas as provisións de prazas de Policía Local ata a aparición de novas vacantes por xubilación.