Novas

Máis novas

Melide clausura o curso do obradoiro de memoria do Centro Social

10/06/2019. Como cada ano, co mes de xuño as actividades que se organizan dende o Concello de Melide ao longo do curso chegan ao seu fin. É o caso do obradoiro de memoria do Centro Social que hoxe se despedía ata o mes de outubro

MELIDE 10 de xuño de 2019.- O Concello de Melide, dende a súa Concellería de Igualdade e Benestar organiza cada ano diferentes actividades para os usuarios e usuarias do Centro Social co afán de ofrecer ocio de calidade para os máis maiores da vila.

Durante a xornada de hoxe, María Jesús López, a concelleira en funcións de Igualdade e Benestar do Concello de Melide era a encargada de clausurar o obradoiro de memoria que dende o pasado mes de outubro se leva celebrando no Centro Social durante dúas horas os luns pola mañá. As encargadas de levar a cabo este obradoiro foron María Jesús Segade, educadora familiar e María Gómez, psicóloga, ámbalas dúas persoal local.

Máis dunha vintena de persoas acudiron durante este curso ao obradoiro de memoria, onde de xeito gratuito puideron mellorar as súas capacidades congnitivas mediante diferentes exercizos de reforzo. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp