- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Punto final ao curso das Escolas Deportivas e Culturais do Concello de Melide
10/06/2019. Tanto as Escolas Deportivas como Culturais do Concello de Melide tiveron o seu broche de ouro ao presente curso 2018/2019 esta pasada fin de semana. Venres, sábado e domingo, na casa da cultura e no pavillon municipal
MELIDE 10 de xuño de 2019.- Melide puxo o punto final ás Escolas Deportivas e Culturais no pavillón municipal e na casa da cultura ao curso 2018-2019. Así, o pavillón da Martagona foi o lugar elixido o pasado venres para pechar este curso que contou con numero público asistente así como máis de 200 participantes en pista, onde se realizaron onde se realizaron demostracións das actividades aprendidas durante todo o curso.
Disciplinas clásicas como pode ser o fútbol sala que conxugou oferta terapéutica e deportiva de Bule Melide así como artística entre os bailes de breakdance que fixeron os adolescentes de baile moderno.
Melide congregou no pavillón de deportes municipal a asistentes de toda a vila e parroquias; centos de persoas ateigaron as gradas do pavillón para celebrar a festa do deporte.
O fútbol sala amosouse en todas as súas categorías, Bule Melide ou ximnasia terapéutica, ximnasia de mantemento no Centro Social así como nas parroquias do rural melidense conxugado coas diferentes modalidades de zumba e a aportación da ximnasia psicomotriz do Centro Ocupacional resume moi ben a oferta deportiva da vila.
Xa na xornada do pasado sábado, deuse por clausurado o curso das Escolas Culturais, coa exhibición de ballet e teatro, e o domingo foi a quenda para a gaita, percurso e a actividade de corte e confección, onde o alumnado desta modalidade realizou un desfile coas prendas que fixeron ao longo do curso.
Tamén ao longo da pasada semana a casa da cultura albergou unha exposición coa mostra dos traballos realizados neste curso polo alumnado de debuxo e pintura do Concello de Melide.