- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O acceso da AC-840 a Castiñeiroa estrena novo aglomerado en quente
06/06/2019. O Concello de Melide vén de arranxar con novo aglomerado en quente o acceso da AC-840 ao lugar de Castiñeiroa. Esta actuación complementouse, ademais do arranxo da pavimentación coa limpeza de maleza das cunetas deste treito
MELIDE 6 de xuño de 2019.- O Concello de Melide dá por finalizadas as obras de aglomerado en quente do acceso da AC-840 ao lugar de Castiñeiroa, na parroquia de Maceda.
Concello de Melide e goberno municipal continúan a cumprir coas promesas de lexislatura e coas actuacións de aglomerado en quente da pista principal de acceso a Castiñeiroa. Unha acción que se complementou co arranxo da pavimentación e coa limpeza de cunetas como vén sendo habitual neste tipo de traballos.
Dalia García, a alcaldesa en funcións do Concello de Melide, anunciaba que “no noso mandato aprobáronse obras por valor de case 2,5 millóns de euros de fondos propios” e explicaba que “esta actuación foi froito dun convenio asinado coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia que supoxo un investimento de preto de 50.000 euros”.