- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Descende o paro en Melide e Comarca no pasado mes de maio
05/06/2019. O paro volve a descender en Melide e na Comarca no pasado mes de maio. A Comarca conta cun total de 534 desempregados e a vila de Melide con 366. O paro descende en Melide e comarca no pasado mes de maio nun total de 19 persoas
MELIDE 5 de xuño de 2019.- Volve descender o paro en Melide e na nosa Comarca no mes de maio. No total da Comarca son 19 persoas menos ás que xa non están no paro. Por Concellos, Melide con con 5 persoas menos en paro e conta cun total de desempregados de 366. En Santiso o paro descende en maio en 14 persoas e en Sobrado dos Monxes, o paro ascende en 1 persoa. En Toques o paro descende en 1 persoa. Así, no conxunto total da Comarca o número de desempregados é 534, 19 persoas menos que no mes anterior.
No conxunto total, Galicia é a segunda comunidade na que máis baixou o paro en maio con respecto a hai un ano, superando, ademais, a media de caída de desemprego rexistrada no Estado, con máis de tres puntos e medio de diferencia. Así, a Comunidade galega rexistrou no mes de maio unha baixada do paro do -8,99% fronte ao -5,31% de España.
En Galicia, polo tanto, hai 15.891 desempregados menos que hai un ano, polo que o número de parados sitúa á Comunidade en niveis moi inferiores aos de hai unha década. O paro, polo tanto, continúa caendo, 6 anos de xeito consecutivo no mes de maio. O desemprego tamén descende na evolución mensual, nun 3,26% con respecto a abril (-5.421 persoas).