Novas

Máis novas

Medio milleiro de persoas participan na X Xuntanza Cabalar de Melide

03/06/2019. O Concello colaborou un ano máis coa xuntanza cabalar de Melide que se celebrou o sábado e que este ano chegou a súa edición número dez. Máis de medio millar de participantes achegáronse ata a nosa vila durante a xornada do sábado

MELIDE 3 de xuño de 2019.- O Concello de Melide colaborou un ano máis coa Asociación Cabaleiros do Bocelo na súa xuntanza anual que tivo lugar o pasado sábado na vila. Este ano, a iniciativa celebrou o seu décimo aniversario e contou con máis de medio milleiro de participantes.

A X Xuntanza Cabalar de Melide tivo lugar o pasado sábado e contou con cabaleiros achegados dende todas as provincias de Galicia. O encontro foi no palacio de congresos e exposicións melidá onde os participantes compartiron un xantar para coller forzas e xa pola tarde, os cabaleiros e cabaleiras realizaron unha ruta polos montes de Melide e Toques.

ÁS 22.30h todos os participantes compartiron unha cea no palacio de congresos e exposicións, onde contaron con música ata ben entrada a madrugada.

Como é habitual o Concello de Melide colaborou con esta iniciativa dun colectivo melidá como é a Asociación de Cabaleiros o Bocelo que coa súa actividade fixeron que a primeira fin de semana do mes de xuño volvese a estar chea de dinamismo no municipio.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp