Novas

Máis novas

Remata a actividade de cociña no Concello de Melide

03/06/2019. A actividade de cociña é unha das que máis éxito ten entre a veciñanza. Lévase a cabo na cociña do salón Rexio nas instalacións do Concello. A iniciativa ponse en marcha cada ano dentro das actividades organizadas para os adultos

MELIDE 3 de xuño de 2019.- O alumnado da actividade de cociña puxo a semana pasada o seu punto final a esta oportunidade que o Concello de Melide ofrece aos veciños ao longo de todo o ano para aprender máis sobre a arte culinaria.

Durante todo o ano, dende o mes de outubro e ata o mes de maio, o grupo asistiu unha vez á semana a actividade de cociña durante dúas horas nas que, acompañados pola súa monitora puideron aprender máis sobre a elaboración de diferentes pratos e a súa maneira de presentalos.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp