- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Os montes de Melide repiten protagonismo na X Xuntanza Cabalar
30/05/2019. Como cada ano a Asociación Cabaleiros do Bocelo celebra unha nova edición da Xuntanza Cabalar que a maiores dun xantar e cea de confraternindade tamén ten na súa programación unha ruta polos montes de Melide e do Concello de Toques
MELIDE 30 de maio de 2019.- O Concello de Melide colabora un ano máis coa Asociación Cabaleiros do Bocelo na súa xuntanza anual. Este ano, a iniciativa chega a súa décima edición e incorpora tamén un xantar de confraternidade tal e como fixo o ano pasado.
A X Xuntanza Cabalar de Melide terá lugar o vindeiro sábado 1 de xuño e contará con cabaleiros chegados de todas as provincias galegas. O lugar de encontro será o palacio de Congresos e Exposicións da vila onde os participantes compartirán un xantar para coller forzas, xa que ás 16h esta planificado que se inicie a ruta polo Monte Bocelo no Concello de Melide e no Concello de Toques. Durante a ruta haberá varios puntos onde os cabaleiros poderán repoñer forzas.
Ás 22.30h da noite está prevista unha cea no Pazo de Congresos e Exposicións onde un dúo musical poñerá a banda sonora. O prezo do xantar e da cea é de 25 euros e os teléfonos de contactos para a inscrición son o 636 54 55 43 ou o 678 066 469.
Como é habitual o Concello de Melide colabora con esta iniciativa dunha asociación da vila como é A Asociación de Cabaleiros o Bocelo que coa súa actividade fan que a primeira fin de semana de xuño volva a estar chea de dinamismo e alternativas de ocio no municipio.