- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide acollerá o I Campus Compos no mes de xullo
29/05/2019. A S.D. Compostela en colaboración co Concello de Melide poñerá en marcha na vila no vindeiro mes de xullo o I Campus Compos que se celebrará nas instalacións municipais do Cire e no que poderán participar ata 80 nenos e nenas
MELIDE 29 de maio de 2019.- O Concello de Melide colaborará coa Sociedade Deportiva Compostela para celebrar na vila o I Campus Compos que terá lugar na vila o vindeiro mes de xullo entre o 1 e o 5. Trátase dunha iniciativa que pretende dar a coñecer, progresar e perfeccionar aspectos técnicos e tácticos do fútbol, tanto individuais como colectivos, baseándose nunha actividade lúdica e recreativa. Entre outros dos moitos obxetivos deste Campus tamén se quere fomentar as posibilidades educativas do fútbol con actividades complementarias ou promover os valores coma a amizade, autoestima, tolerancia, solidariedade, igualdade, respecto e xogo limpo.
O I Campus Compos conta coa colaboración do Concello de Melide, de Jim Sports coa súa marca Softee que agasallará unha equipación completa a cada neno ou nena participante e patrocinadores locais como Ribeirao, García y Sánchez e Leonardo Miguélez.
INSCRICIÓN ATA O 18 DE XUÑO
O Campos Compos ten un límite de 80 prazas e celebrarase do 1 ao 5 de xullo no campo municipal de Melide en horario a 9h a 14h para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e 19 anos. A inscrición está aberta ata o 18 de xuño. Máis información no teléfono 650 90 09 85 (Diego Segade) ou no correo electrónico sdcompostela@sdcompostela.com.